Aumentan a once os pacientes con covid-19 na UCI de Montecelo

Pontevedra
27 de decembro 2020

Once persoas, dúas máis que onte, atópanse ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son os pacientes máis graves da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que conta con 56 persoas hospitalizadas pola infección

Evolución do coronavirus na área sanitaria a 27 de decembro
Evolución do coronavirus na área sanitaria a 27 de decembro / Servizo Galego de Saúde

Once persoas, dúas máis que onte, atópanse ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son os pacientes máis graves da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que conta con 56 persoas hospitalizadas pola infección.

A maior parte deles, un total de 32, están ingresados en planta do Hospital Montecelo. Trece están no Hospital do Salnés e non hai ningún no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.

O resto dos que contraeron o virus, outras 840 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Nas últimas 24 horas detectáronse 46 novos contaxios, o que sitúa o número de casos activos en 896. Son once menos que onte.

Desde o inicio da pandemia 5.812 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 57 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 77 falecementos asociados ao virus.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 111.195, 506 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 45.839 seroloxías realizadas ata a data. 

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.609, 107 menos que o día anterior. Deles 873 son da área da Coruña, 374 da de Lugo, 540 da de Ourense, 896 da de Pontevedra, 1.226 da área de Vigo, 1.352 da de Santiago e 348 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 278 en unidades de hospitalización e 5.388 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 54.402 persoas curadas, rexistrándose 1.369 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.091.724 probas PCR e 443.588 probas serolóxicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 213 infectados.