‘Autocoñecemento para o bo trato en tempos de coronavirus’ en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
15 de setembro 2020

Nestas clases prácticas, as nove participantes lograrán unha xestión das emocións máis axeitada, tentando na medida do posible sacar as aprendizaxes positivas ás diferentes situacións da vida. Outros dos obxectivos destas sesións son poder transformar as emocións negativas en positivas, sacar tensións, relaxarse ou durmir mellor

Obradoiro de ‘Autocoñecemento para o bo trato en tempos de coronavirus’ en Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

Con todas as medidas de seguridade fronte á Covid, este martes comezaban en Ponte Caldelas as sesións dos obradoiros de ‘Autocoñecemento para o bo trato en tempos de coronavirus’, organizadas polo Concello de Ponte Caldelas.

Nestas clases prácticas, as nove participantes lograrán mellorar o seu autocoñecemento, ademais dunha xestión das emocións máis axeitada, tentando na medida do posible sacar as aprendizaxes positivas ás diferentes situacións da vida.

Outros dos obxectivos destas sesións son poder transformar as emocións negativas en positivas, sacar tensións, relaxarse ou durmir mellor.

As sesións están a desenvolverse na antiga discoteca Reivi, mantendo a distancia necesaria, co uso obrigatorio de máscara e cumprindo todas as medidas hixiénico-sanitarias establecidas.