Autorizan ao Concello a modificar o trazado do ramal de saída da estación de autobuses

Pontevedra
28 de abril 2015

O novo acceso a Pontevedra pola parte sur da cidade, coñecido como o desdobramento da avenida de Vigo, unirá o nó do Pino coa rúa da Estación. No punto de encontro, está prevista a construción dunha glorieta que regule todo o tráfico da zona. Faltaba so que a Xunta de Galicia accedera a modificar o ramal de saída da estación de autobuses para que confluíra con esta nova rotonda. E o visto bo a esta solución chegou este martes

Visita do alcalde de Pontevedra ás obras do desdobramento da avenida de Vigo
Visita do alcalde de Pontevedra ás obras do desdobramento da avenida de Vigo / Mónica Patxot

O novo acceso a Pontevedra pola parte sur da cidade, coñecido como o desdobramento da avenida de Vigo, unirá o nó do Pino coa rúa da Estación. No punto de encontro, está prevista a construción dunha glorieta que regule todo o tráfico da zona. Faltaba so que a Xunta de Galicia accedera a modificar o ramal de saída da estación de autobuses para que confluíra con esta nova rotonda. E o visto bo a esta solución chegou este martes.

A Dirección Xeral de Mobilidade vén de autorizar a execución destas obras solicitadas polo Concello de Pontevedra. Forman parte dos traballos para a reorganización dos accesos á estación, segundo o proxecto de urbanización da rede arterial do estado no municipio de Pontevedra.

O proxecto contempla a construción dunha glorieta na que conflúen o novo acceso desde a N-550 entrando polo sur da glorieta, a rúa da Estación polo noroeste e polo leste da mesma e o ramal de saída da estación de autobuses.

Para iso é necesario desprazar uns metros o ramal de saída da estación, retirando o valado existente. Tanto este valado como o que continúa ata o aparcamento da estación será reposto para garantir o control de accesos ás dársenas. Ademais, instalarase un sistema de regulación semafórica na glorieta con priorización para a saída de autobuses. Para iso colocarase un lazo magnético que detecte a chegada de autobuses á glorieta.