Avanzan a bo ritmo as obras en Marín para mellorar o abastecemento de auga na Ría

Marín
29 de setembro 2015

Tras completar as obras da marxe dereita da ría, o proxecto de mellora do abastecemento de auga en Pontevedra avanza tamén a bo ritmo nos traballos pendentes tanto na capital da provincial como nos municipios de Vilaboa e Marín. Así quedou de relevo na reunión da comisión de seguimento destas obras, celebrada este martes no concello de Pontevedra

Xuntanza da comisión de seguemento das obras do novo abastecemento de agua
Xuntanza da comisión de seguemento das obras do novo abastecemento de agua / Mónica Patxot

Tras completar as obras da marxe dereita da ría, o proxecto de mellora do abastecemento de auga en Pontevedra avanza tamén a bo ritmo nos traballos pendentes tanto na capital da provincial como nos municipios de Vilaboa e Marín. Así quedou de relevo na reunión da comisión de seguimento destas obras, celebrada este martes no concello de Pontevedra.

Ademais de repasar as obras executadas en Pontevedra, Poio e Sanxenxo, Acuaes informou sobre os traballos que se están realizando actualmente na marxe esquerda da ría.

En concreto, en Marín están a executarse varios quilómetros de tubaxe e xa se iniciaron as primeiras actuacións na zona do depósito de Pardavila. O máis avanzado, recoñecen desde o goberno municipal, son os quilómetros de tubaxe que discorren case integramente por distintos viarios municipais e provinciais.

Cando a colocación de tubaxe sexa xa practicamente completa e realícense as probas das conducións procederase ao asfaltado dos viarios que foron utilizados para realizar a gabia correspondente e a súa colocación.

En Marín sinalan que estas obras permiten construír un anel que conduza auga en alta e posibilite achegar máis auga aos seus actuais depósitos, así como a construción dun depósito novo con servizos de telexestión e que posibilite unha mellora substancial nun servizo básico como a subministración de auga.

A execución das obras vai conforme ao calendario previsto, estando nestes momentos practicamente todos os tramos en obras. Están a realizarse, lembran desde o Concello de Marín, os controis necesarios, a supervisión e dirección dos mesmos, así como os preceptivos polas zonas que atravesan controis arqueolóxicos necesarios e que corren a cargo dos técnicos do organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente.