Avanzan os traballos nas zonas verdes da senda entre Portonovo e A Lanzada

Sanxenxo
29 de abril 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de que está ultimando a execución dos traballos de acondicionamento das zonas verdes iniciados o pasado 14 de abril na senda da estrada autonómica PO-308, entre Portonovo e A Lanzada, no concello de Sanxenxo

Acondicionamento da senda da estrada autonómica PO-308, entre Portonovo e A Lanzada
Acondicionamento da senda da estrada autonómica PO-308, entre Portonovo e A Lanzada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de que está ultimando a execución dos traballos de acondicionamento das zonas verdes iniciados o pasado 14 de abril na senda da estrada autonómica PO-308, entre Portonovo e A Lanzada, no concello de Sanxenxo.

Ademais, aproveitando as tarefas de mantemento que se están a executar nas beiras das estradas autonómicas da provincia, a Xunta está a levar a cabo tarefas de axardinamento no itinerario peonil e ciclista deste tramo da vía autonómica.

Estes traballos, que contan cun investimento de preto de 95.000 euros, permiten tamén o acondicionamento da banda axardinada da senda para colocar plantas. Precisamente nestes días estase a comezar a malla e plantado da especie agapanto, de cores branca e azul.

A obra inclúe outras actuacións, como a realización de xeito previo do compactado do terreo das zonas axardinadas, a achega e estendido de terra vexetal e a revexetación por hidrosementeira con mestura de sementes herbáceas.

Unha vez remate a obra, o Concello de Sanxenxo asumirá o mantemento destas novas zonas axardinadas.