Avaría na rede xeral de abastecemento de auga de Portonovo

Sanxenxo
03 de agosto 2022
Actualizado: 16:35

Desde o Concello de Sanxenxo avisan que os usuarios poden notar mentres non se solucione a avaría cortes puntuais ou baixadas de presión

Avaría na rede xeral de abastecemento de auga de Portonovo
Avaría na rede xeral de abastecemento de auga de Portonovo / Concello de Sanxenxo

Operarios da empresa Espina y Delfín, concesionaria da xestión do servizo da auga en Sanxenxo, tiveron que reparar este mércores unha avaría na rede xeral de abastecemento de Portonovo.

Desde o Concello de Sanxenxo avisaron que os usuarios puideron notar mentres non se solucionou a avaría cortes puntuais ou baixadas de presión.

O Concello informou ás 16.30 horas que a incidencia no subministro xa estaba resolta.

Esta incidencia prodúcese en plena prealerta por seca en toda a conca do Lérez, que obrigou aos municipios que se abastecen deste río, entre eles o de Sanxenxo, a adoptar restricións para aforrar no consumo da auga.