Avigal doa 7 toneladas de polo a Cáritas

Pontevedra
03 de xuño 2020

A empresa xa entregara material sanitario ao Sergas despois do decreto do estado de alarma

Avigal doa 7 toneladas de polo a Cáritas
Avigal doa 7 toneladas de polo a Cáritas / Avigal

A empresa Avigal, con sede en Campañó e dedicada á cría, sacrificio, despezamento e distribución de polo, doa máis de 7 toneladas de produto avícola conxelado a Cáritas para contribuír a paliar as consecuencias da Covid-19. Para facilitar os labores organizativos e de almacenaxe da oenegué, a compañía doará 900 kg de cuartos traseiros de polo ao mes ata finais de ano. 

Non é o primeiro acto deste tipo que realiza a firma, logo do decreto de Estado de Alarma entregou 600 fundas dun só uso e 1.200 luvas de látex sanitario ao Sergas de Pontevedra.

A intención da compañía á hora de realizar este tipo de accións é contribuír a paliar a crise sanitaria e social provocada polo coronavirus. Desde o inicio da pandemia, Avigal extremou todas as medidas e protocolos de seguridade alimentaria e laboral de todos os seus profesionais para garantir a subministración de alimentos.