Baixan os casos activos e a presión hospitalaria na área sanitaria

Pontevedra
16 de agosto 2021

A Consellería de Sanidade sinala que se rebaixa a 28 o número de pacientes ingresados en planta, dous menos que o domingo. Permanecen aínda oito persoas na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. O número de casos activos sitúase en 1.417 positivos, 115 menos que hai 24 horas

Datos covid-19 durante este luns 16 de agosto na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Datos covid-19 durante este luns 16 de agosto na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés / Consellería de Sanidade

28 pacientes, dous menos que o domingo, diagnosticados con coronavirus permanecen en planta de hospitalización na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés. 24 mantéñense no Hospital Montecelo, tres no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez. A esta cifra hai que sumar os oito pacientes, igual que o domingo, que permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

A semana comeza con 1.417 casos activos na área, 115 menos que onte. Desta cifra, 1.381 persoas evolucionan da súa enfermidade nas súas vivendas, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. No municipio de Pontevedra permanecen 447 casos activos, 32 menos que na xornada de onte.

Na xornada do sábado producíase a morte dun home de 84 anos, que presentaba patoloxías previas, e que se converte na vítima 194 desde que se rexistran as mortes por covid-19 na área sanitaria. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 19.009 pacientes, 158 máis que na xornada do domingo.

Realizáronse 562 probas PCR nas últimas 24 horas, nas que se detectaron 44 novos positivos.

DATOS EN GALICIA

A Consellería de Sanidade recolle que este luns rexistráronse 566 novos positivos en Galicia. Son 88 contaxios diarios menos respecto a os notificados durante este domingo e 245 menos en relación ao luns da semana pasada.

O número de persoas hospitalizadas ascende a 337, 14 pacientes máis que o domingo. A presión hospitalaria tamén ascende nas Unidades de Coidados Críticos ao atoparse 63 persoas ingresadas, dúas máis que o 15 de agosto. O número de casos activos sitúase en 13.495 enfermos.

Por áreas, a situación de positivos é a seguinte na xornada deste luns 16: A Coruña-Cee: 4.331 (-85); Vigo: 3.294 (-85); Pontevedra-O Salnés: 1.417 (-115); Lugo: 1.361 (-114); Santiago-O Barbanza: 1.322 (-117); Ferrol: 938 (+20); e Ourense: 832 (-64).

O número de falecidos notificado nas últimas horas é de dúas persoas de idade avanzada e a cifra de falecementos en Galicia sitúase en2.516 pacientes con covid-19.