Pontevedra participou este domingo 3 de decembro nos actos para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Fíxoo de diferentes maneiras, pero sobre todo cun bonito acto celebrado na Praza da Peregrina dentro da campaña bautiazda como 'Baixo o mesmo paraugas'.
Diferentes colectivos e asociacións, ademais de veciños da cidade, sumáronse ao acto reivindicativo na súa oitava edición, enchendo de paraugas a emblemática praza para visibilizar que todos somos iguais e reivindicar a riqueza dunha sociedade diversa e plural.
A xornada estivo amenizada polo grupo Maravallada.
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade conmemórase ademais en Pontevedra co aceso de cor verde durante a fin de semana de diferentes edificios institucionais.