Balbordo en Eduardo Pondal polo enfrontamento entre un home e unha muller por un teléfono e unha praza de garaxe

Pontevedra
06 de agosto 2019

As policías Local e Nacional tiveron que acudir a última hora da mañá deste martes á rúa Eduardo Pondal polo balbordo creado ao redor dun home e unha muller á altura do parque infantil. Finalmente, ningunha persoa foi detida e a discusión terminou coa chegada das patrullas 

Policía Nacional
Policía Nacional / Mónica Patxot

As policías Local e Nacional tiveron que acudir a última hora da mañá deste martes á rúa Eduardo Pondal de Pontevedra polo balbordo creado ao redor dun home e unha muller á altura do parque infantil. Finalmente, ningunha persoa foi detida e a discusión terminou coa chegada das patrullas policiais

Fuentes policiais explicaron que o home e a muller implicados non teñen ningún tipo de relación persoal e o único vínculo entre eles estaría relacionado cunha praza de garaxe que ela lle ten alugada a el. Este martes discutiron polo aluguer da mesma, aínda que non transcenderon todos os detalles das desavinzas.. 

Nun momento da discusión, a muller quitoulle o móbil ao home, segundo a denuncia que realizou el máis tarde á Policía Nacional. 

De momento, non transcenderon máis detalles da pelexa, pero todo apunta a que a muller lle estaba recriminando ao home que non lle pagaba o aluguer da praza.

A confusión do momento fixo que as testemuñas cresen que fora o home o que roubara o móbil á muller, de modo que algúns mesmo chegaron a reterlle. 

Á chegada dos policías, todo se solucionou. Os axentes procederon a identificar ás dúas persoas implicadas para a posterior elaboración do atestado policial, no que se aclarará o ocorrido.