Baltar contará cun parque canino

Sanxenxo
06 de setembro 2016

O Concello de Sanxenxo destinará 20.296,67 euros á construción dun parque canino no ámbito de Baltar (Portonovo). Así se recolle nunha resolución presidencial da Deputación de Pontevedra, porque esta actuación será financiada con cargo ao Plan Concellos

Praia de Baltar en Portonovo
Praia de Baltar en Portonovo / PontevedraViva

O Concello de Sanxenxo destinará 20.296,67 euros á construción dun parque canino no ámbito de Baltar (Portonovo). Así se recolle nunha resolución presidencial da Deputación de Pontevedra, porque esta actuación será financiada con cargo ao Plan Concellos.

Este plan xa entregou o 72% do total destinado a Sanxenxo, situando neste momento o investimento na vila en case 828.000 euros.

Máis de 400.000 euros foron entregados para diversas actuacións en infraestruturas, dotacións e equipamentos municipais.

Ademais, 150.000 euros foron para a amortización dun préstamo, case 5.000 euros para unha campaña informativa do valor ecolóxico das praias e a campaña Bandeira Azul 2016 e uns 250.000 euros para a contratación de 30 persoas.