Bancos e mesas de madeira para aproveitar as zonas verdes do campus

Pontevedra
10 de outubro 2020

Ao longo dos meses de verán, a Vicerreitoría realizou a instalación de 24 bancos de madeira e de tres mesas que rodean senllas arbores e tamén está prevista a instalación dunha marquesiña. Ademais incorporouse o novo parque infantil de madeira na Escola Infantil do campus destinada para fillos da comunidade universitariaspanroboto>

Novos bancos no campus de Pontevedra
Novos bancos no campus de Pontevedra / DUVI

Durante os meses de verán, o campus de Pontevedra incorporou novo mobiliario exterior. A Vicerreitoría instalaba 24 bancos de madeira e tres mesas que rodean árbores. Con estas actuacións, a dirección do campus quere que a comunidade universitaria aproveite mellor as zonas verdes e os espazos ao aire libre, segundo informa o DUVI.

Está previsto que, nas próximas semanas, se instale unha marquesiña nas proximidades da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación coa intención de que ofreza un servizo para o estudantado que cada día espera ao autobús para regresar aos seus domicilios.

Jorge Soto, vicerreitor do campus, afirma que estas accións buscan que se xere unha maior vida conxunta nestes espazos naturais que rodean as facultades, sobre todo nesta época marcada pola covid-19. Neste sentido, recomenda que se atenda aos protocolos sanitarios e manteñan a distancia de seguridade interpersoal.

Tamén se renovou o parque de madeira da a Escola Infantil do campus. Trátase de ofrecer unha opción para que os escolares que son fillos dos integrantes da comunidade universitaria desenvolvan a súa  motrocidad ao aire libre.