O deputado de infraestruturas e Medio Ambiente do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Galego, Luís Bará, reprochou este martes que ENCE e o Partido Popular sigan na senda das "mentiras, manipulación e falsidade" utilizando os seus medios ao alcance para confundir.
O nacionalista volveu a denunciar a "pinza do PP e ENCE contra a democracia e a operación tenaza contra o Concello de Pontevedra con mentiras, chantaxes e prácticas mafiosas", acusou.
Segundo Bará ambos os dous utilizan ás empresas do sector mar-industria alimentario como "escudo humano na súa guerra contra as institucións democráticas".
Neste sentido o deputado reiterou que os intereses das empresas do sector mar-industria alimentario "nada teñen que ver cos intereses de ENCE", deixando clara a súa posición sobre e artigo 18 da Lei de Cambio Climático "despois de decaer a emenda de supresión propuxo unha transacción para salvagardar os intereses das empresas galegas do sector".
Por último Luís Bará incidiu na necesidade de que se impulse a mesa de negociación sobre o futuro da pasteira.
"A Xunta debe convocar o goberno do Estado, empresa e as forzas sindicais para negociar o traslado de ENCE fóra da ría de Pontevedra e impulsar un novo proxecto industrial que peche o ciclo. Urxe recuperar a ría de Pontevedra e crear centos de postos de traballo", concluíu.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.