Bará busca apoios para desestimar a moción do PP sobre os lombos

Pontevedra
19 de febreiro 2016

Os colectivos Amizade, Cogami e Masa Crítica piden abrir o debate dos lombos á cidadanía na súa reunión con Luís Bará este luns para tratar a problemática dos pasos de peóns elevados

Lombos en Pontevedra
Lombos en Pontevedra /

O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, reuniuse este venres con representantes dos colectivos Amizade, Cogami e Masa Crítica, para tratar a problemática dos pasos de peóns elevados da cidade e a moción que o Partido Popular quere levar ao Pleno por vía urxente a próxima semana. 

En palabras de Bará, os colectivos consideran "un despropósito e unha canallada" esta moción do PP e coinciden en que un problema deste estilo debería tratarse nunha mesa de mobilidade, tal e como xa se fixo para solucionar os problemas cos ciclistas. 

A moción que presentan os populares busca regular os lombos pontevedreses a través da normativa do Ministerio de Fomento. 

Desde 2013, Pontevedra conta cunha ordenanza municipal posta en marcha polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) que fixa os criterios para a regulación da rede viaria.