Barro clausura a Festa do Viño cun concerto espectacular

Barro
17 de xuño 2019

Durante a xornada do domingo, centos de persoas achegáronse ata o municipio para participar da sardiñada popular e das diversas actividades desenvolvidas ao redor do Pazo da Crega. A Festa rematou cun concerto da Banda Xuvenil de Barro acompañada polo Orfeón Treixadura

Presenza de público no concerto final da Festa do Viño
Presenza de público no concerto final da Festa do Viño / Concello de Barro

Barro rematou o seu corenta aniversario da Festa do Viño cun concerto espectacular seguido por centos de persoas no que participaba a Banda Xuvenil do municipio acompañada polo Orfeón Treixadura.

Foi o final perfecto para unha edición na que durante este domingo volveu a vivirse unha xornada festiva na que se desenvolveu o certame de pintura rápida, unha concentración de motos Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas, ademais dunha sardiñada que resultou todo un éxito de asistencia.

O Pazo da Crega volveu converterse no centro de actividades con música e bo ambiente.

O alcalde Xosé Manuel Abraldes acudía xunto a outros integrantes do grupo de goberno aos actos que volveron contar con gran presenza de público desde primeiras horas da mañá coa cata de albariños.