Barro concede licencia de primeira ocupación a Estrella Galicia

Barro
23 de febreiro 2017

Dita nave foi construída nas parcelas A-10 e A-14 do polígono industrial Outeda-Curro, que suman unha superficie de 5.375 metros cadrados. A superficie da nave é de 3.400 metros cadrados, e o investimento realizado na mesma foi de 1.080.000 euros

Nave de Estrella Galicia
Nave de Estrella Galicia / Concello de Barro

A Xunta de Goberno do Concello de Barro aprobou este mércores a licencia de primeira ocupación a Hijos de Rivera, S.A.U. para a nave industrial destinada a almacenamento e distribución de bebidas no polígono de Barro.

Dita nave foi construída nas parcelas A-10 e A-14 do polígono industrial Outeda-Curro, que suman unha superficie de 5.375 metros cadrados. A superficie da nave é de 3.400 metros cadrados, e o investimento realizado na mesma foi de 1.080.000 euros.

Este centro de distribución, que entrará en funcionamento de forma inmediata, vai dar servizo a todo o norte da provincia de Pontevedra e según os técnicos redactores do proxecto servirá de apoio a outros centros de distribución, pola súa gran superficie e as características técnicas coas que foi construída.

Nesta mesma Xunta de Goberno concedeuse tamén a licencia de obra á Estación de Servicio Low Cost 2015 S.L. para a construción dunha estación de servizo na parcela A-01 do mesmo polígono, que conta cunha superficie de 1.800 metros cadrados.

O investimento previsto para a construción é de 223.239 euros.