Barro destinará 111.000 euros a contratar dez traballadores en 2019

Barro
23 de xaneiro 2019

Os postos que se van cubrir con estes contratos serán os de: un condutor, un peón de transporte, sete axudantes de albanel e un monitor sociocultural. Todos os contratos terán unha duración mínima de 6 meses cunha xornada laboral de 35 horas semanais 

Traballadora
Traballadora / Mónica Patxot / ARQUIVO

O Concello de Barro acaba de anunciar que durante este ano 2019 contratará 10 traballadores que prestarán servizos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Os postos que se van cubrir con estes contratos serán os de: un condutor, un peón de transporte, sete axudantes de albanel e un monitor sociocultural. Todos os contratos terán unha duración mínima de 6 meses cunha xornada laboral de 35 horas semanais.

O procedemento de contratación farase solicitando á oficina de emprego candidatos para as distintas categorías, entre as cales o tribunal de selección decidirá as persoas a contratar seguindo os criterios que marca a Deputación nas bases do Plan Concellos.

Para estas contratacións, teñen reservada unha partida económica de 111.000 euros que se financiará entre os fondos recibidos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e recursos propios do Concello.