Barro dotará dun novo acceso peonil ao recinto escolar

Barro
10 de xullo 2017

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, confirmoulle á presidenta da ANPA e ao director do CEIP Amor Ruibal que o goberno municipal ten intención de habilitar unha nova entrada peonil ao recinto escolar, para conseguir un acceso seguro do alumnado que non utiliza o transporte escolar e os familiares que os traen

O alcalde de Barro na entrada do CEIP Amor Ruibal (arquivo)
O alcalde de Barro na entrada do CEIP Amor Ruibal (arquivo)

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes confirmoulle á presidenta da ANPA e ao director do CEIP Amor Ruibal que o goberno municipal ten intención de habilitar unha nova entrada peonil ao recinto escolar, para conseguir un acceso seguro do alumnado que non utiliza o transporte escolar e os familiares que os traen.

Recentemente o consello escolar solicitou que se recuperara a entrada lateral que existía antigamente para proporcionar un acceso ao centro seguro tanto para as familias que acompañan aos seus fillos nos momentos de entrada e saída do colexio como ao alumnado que se dirixe ao pavillón de deportes no horario escolar.

Segundo trasladaron dende o Concello, "a necesidade dun acceso seguro ao recinto é unha preocupación constante deste goberno", e por iso, se buscou unha alternativa consensuada coa comunidade educativa "que reúne todas as condicións de seguridade e accesibilidade" e que só está á espera de que a Consellería de Educación a aprobe.

O obxectivo do goberno municipal é que a mesma xa esté operativa ó inicio do vindeiro curso escolar.