Barro retoma o seu mercado dominical tras a paréntese pola covid-19

Barro
10 de xuño 2021

Despois de que a incidencia da pandemia da covid-19 descendera de xeito notable, o goberno municipal de Barro decidiu autorizar o regreso do seu mercado dominical. Desde o Concello confirman que os postos de venda se instalarán de novo en San Antoniño este domingo 13 de xuño

Instalación dos postos no mercado ambulante de Barro
Instalación dos postos no mercado ambulante de Barro / Diego Torrado

Despois de que a incidencia da pandemia da covid-19 descendera de xeito notable, o goberno municipal de Barro decidiu autorizar o regreso do seu mercado dominical.

Desde o Concello confirman que os postos de venda se instalarán de novo en San Antoniño este domingo 13 de xuño, logo da súa suspensión pola situación sanitaria.

As actuais restricións epidemiolóxicas permiten retomar a actividade sen ter que limitar o número de vendedores que asisten habitualmente a este mercado.

O Concello de Barro fai un chamamento a que a asistencia a este evento se faga respectando as normas sanitarias ditadas polas autoridades, sendo de primordial cumprimento o uso de máscara, manter a distancia de seguranza e evitar as aglomeracións.