Bascuas estrea a primeira ducha natural de Sanxenxo

Sanxenxo
24 de xullo 2024

O goberno municipal habilitou unha plataforma de aceiro inoxidable aproveitando a desembocadura en pendente do regacho Ferradizo sobre o areal

Ducha natural na praia de Bascuas Concello de Sanxenxo

A praia de Bascuas ten instalada xa unha ducha natural de auga, converténdose así no único de todo o municipio en contar con este servizo.

O goberno municipal habilitou unha plataforma de aceiro inoxidable aproveitando a desembocadura en pendente do regacho Ferradizo sobre o areal.

Esta medida ecoeficiente, segundo o Concello, está a ter unha gran acollida polos usuarios desta praia, a única de carácter nudista en Sanxenxo e con bandeira azul desde 2006.

En 2019, Sanxenxo decidiu prescindir das duchas nos areais como unha medida responsable de aforro no consumo de auga e cambialas por lavapiés cun regulador do chorro.

Esta acción permitiu o aforrou de 2,5 millóns de litros de auga, segundo cálculos municipais.