Belas Artes obtén un premio polo deseño dun vestido intelixente que pode medir a contaminación

Pontevedra
18 de maio 2015

O proxecto chámase Enviroment Dress, e trátase de crear unha prenda que sexa capaz de achegar a quen a vista unha información sobre os niveis de dióxido de carbono, ruído ambiental, contaminación lumínica, humidade ou presión atmosférica

Prototipo dos sensores lumínicos que se instalarían na prenda
Prototipo dos sensores lumínicos que se instalarían na prenda / Universidade de Vigo

O proxecto chámase Enviroment Dress, e trátase de crear unha prenda que sexa capaz de achegar a quen a vista unha información sobre os niveis de dióxido de carbono, ruído ambiental, contaminación lumínica, humidade ou presión atmosférica.

Esta é a idea coa que a investigadora da Facultade de Belas Artes, María Castellanos, e o profesor do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, Alberto Valverde, veñen de converterse nos gañadores de Next Things 2015, o "desafío global de arte e tecnoloxía" que promoven Telefónica I+D e o LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón.

Despois de que a súa proposta fose a seleccionada polo xurado de entre as 39 presentadas desde diferentes partes do mundo, estes dous investigadores traballarán nos próximos seis meses no deseño dunha prenda capaz de medir a contaminación.

Castellanos e Valverde proxectan deseñar un traxe "que vai ser estético, visualmente atractivo, pero funcional", un vestido intelixente e aberto a todo o mundo.