Belén Búa Seijo, candidata do BNG á Alcaldía de Campo Lameiro

Umia
20 de marzo 2023

Belén Búa é veciña da parroquia das Fragas, ten 26 anos e é técnica de Guía no medio natural

Belén Búa Seijo, candidata do BNG á Alcaldía de Campo Lameiro
Belén Búa Seijo, candidata do BNG á Alcaldía de Campo Lameiro / BNG

O BNG de Campo Lameiro escolleu a Belén Búa Seijo como candidata á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. 

Belén Búa é veciña da parroquia das Fragas, ten 26 anos e é técnica de guía no medio natural. 

No Bloque aseguran que "é unha muller comprometida coas causas xustas" e que asume esta responsabilidade con "valentía" e co obxectivo de "facer que Campo Lameiro cambie a súa dinámica, deixe de esmorecer e se converta nun concello vivo e atractivo".

"Estou moi ilusionada con este reto persoal e colectivo. Quero moito a Campo Lameiro e quero facer todo o que estea na miña man para facer que mellore e que avance, porque estamos nunha situación na que en Campo Lameiro xa non hai futuro para a xente moza e entre todos temos que dárlle a volta e recuperar a ilusión a vitalidade do noso concello", sinalou Belén Búa.