Benestar Animal espera ter un censo de colonias felinas a partir da vindeira semana

Pontevedra
04 de xullo 2021

A Concellería de Benestar Animal, dirixida polo socialista Marcos Rey, agarda ter nas vindeiras semanas un censo das colonias felinas existentes no concello e así coñecero número exacto de colonias de gatos silvestres e de animais que compoñen cada unha delas e ás persoas concretas encargadas da súa manutención e coidado

O concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, visita a Clínica Veterinaria Mourente para interesarse polo gato Balín
O concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, visita a Clínica Veterinaria Mourente para interesarse polo gato Balín / Concello de Pontevedra

A Concellería de Benestar Animal, dirixida polo socialista Marcos Rey, agarda ter nas vindeiras semanas un censo das colonias felinas existentes no concello. 

Para iso, a Concellería destinou un achega de 2.500 euros e así coñecer non só o número exacto de colonias de gatos silvestres e de animais que compoñen cada unha delas, senón tamén quen son as persoas concretas encargadas da súa xestión no que atinxe á manutención e coidado do estado de saúde dos felinos.

Segundo explicou Rey, é algo imprescindible por imperativo legal, "xa que a actual normativa autonómica de Protección e Benestar dos Animais de Compañía non permite a alimentación de animais abandonados vagabundos ou extraviados nas vías públicas sen contar coa correspondente autorización municipal, agás en situacións que poidan comprometer o benestar dos animais (é dicir, excepcionalmente)".

Por iso, a elaboración do censo a califica de "esencial" para poder outorgar estes permisos, "que se traducirán na creación duns carnés cuns códigos QR para que a Policía poida identificar con facilidade aos responsables de cada colonia concreta".

O socialista destacou que con este control sexa máis sinxelo controlar o estado e a evolución de cada colonia, e agarda que Difusión Felina poida ter o censo rematado ao longo deste mes, iniciándose a partir de aí unha planificación conxunta do CES (Captura, Esterilización e Solta) polos técnicos e as asociacións implicadas.