Benestar Social atende 27 solicitudes de residentes en Valdecorvos

Pontevedra
22 de xuño 2016

O servizo recibiu 59 solicitudes, das cales 27 foron favorables e 32 desfavorables. O total da contía investida nestas axudas foi de 14.550 euros. As solicitudes comprenden a un total de 83 persoas das cales 33 son menores

Praza das Regas, no barrio de Valdecorvos
Praza das Regas, no barrio de Valdecorvos / Cristina Saiz

A Concellaría de Benestar Social Municipal resolveu este mércores as axudas de emerxencia social específicas para as novas vivendas de protección oficial do barrio de Valdecorvos. Cabe lembrar que se habilitara unha partida específica dentro das Axudas de Emerxencia Social de 40.000 euros para o caso concreto dos usuarios de Servizos Sociais que se trasladasen a vivir a Valdecorvos.

O servizo recibiu 59 solicitudes, das cales 27 foron favorables e 32 desfavorables. O total da contía investida nestas axudas foi de 14.550 euros. As solicitudes comprenden a un total de 83 persoas das cales 33 son menores.

O servizo recibiu 59 solicitudes, das cales 27 foron favorables e 32 desfavorables

Estas axudas específicas foron pensadas para o pago da fianza da vivenda, para a alta de todos os servizos así como para o pago da primeira mensualidade, os seguros ou a alta da comunidade de veciños. Non estaban incluídas nestas axudas escepcionais o equipamento básico do fogar como son os electrodomésticos ou mobiliario.

Estas outras necesidades poderán ser obxecto de trámite por parte das familias a través da solicitude ordinaria en base á ordenanza de Axudas de Emerxencia Social.

A concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces explicara no seu día que o próposito destas axudas era evitar que a "nova vida" destas persoas nacera "hipotecada", de aí a necesidade de acometer estas gastos obrigatorios no estreno dunha vivenda.

Das 32 solicitudes presentadas que foron excluídas todas foron por exceder o baremo económico da axuda, salvo un caso por non axustarse ao obxecto da convocatoria e outra por problemas de empadronamento.