Benestar Social ofrece cursos gratuítos sobre Informática Básica e Internet

Pontevedra
06 de febreiro 2022

A Concellería de Benestar Social porá en marcha desde o 7 de marzo ata o 26 de maio unha serie de cursos gratuítos de Informática Básica e Internet, LibreOffice, Google e CV e Webs de Emprego

Casa Azul
Casa Azul / Concello de Pontevedra

A Concellería de Benestar Social porá en marcha desde o 7 de marzo ata o 26 de maio unha serie de cursos gratuítos de Informática Básica e Internet, LibreOffice, Google e CV e Webs de Emprego.

Para poder participar é preciso estar empadroado no concello de Pontevedra e inscribirse previamente na Aula de Informática da Casa Azul, podendo anotarse de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas.

O primeiro dos cursos será sobre Informática Básica e está destinado aos veciños sen coñecementos de informática. Será os luns e mércores en horario de 9:30 a 11:00 horas e terá unha duración de 18 horas. Comezará o 7 de marzo e rematará o 13 de abril.

O  8 de marzo iniciaranse os talleres de LibreOffice-Writer, que se desenvolverán os martes, mércores e xoves de 12:00 a 13:30 horas, cunha duración de 25,5 horas (remata o 13 de abril), mentres que os de LibreOffice-Calc serán os martes e xoves de 9:30 a 11:00 horas, cunha duración de 16,5 horas. Serán ata o 12 de abril.

O curso de Google, centrado en cuestións como a realización de buscas, o emprego do correo ou a nube, dará comezo o 18 de abril, será impartido os luns e mércores en horario de 9:30 a 11:00 horas, con 18 horas de duración (ata o 25 de maio); o de LibreOffice-Impress porase en marcha o 19 de abril, con clases tódolos martes e xoves, de 9:30 a 11:00 horas, e 16,5 horas de duración (ata o 26 de maio).

Finalmente, a programación de cursos pecharase cun taller destinado a mellorar as posibilidades de inserción laboral a través do CV e o dominio das Webs de Emprego, que se iniciará o 19 de abril, impartirase os martes, mércores e xoves de 12:00 a 13:30 horas. Terá unha duración de 25,5 horas e rematará o 26 de maio.

 O concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey explicou que "con excepción do curso de Informática Básica/Internet, o resto están orientados á veciñanza con coñecementos básicos de informática. Terán preferencia para inscribirse as persoas usuarias do Servizo de Benestar Social e aquelas en situación de desemprego".

Por outra banda, a Aula de Informática da Casa Azul tamén disporá estes meses de horario de uso libre dos PC tódolos venres, de 9:00 a 11:00 horas e de 11:30 a 13:30 horas, e de diferentes espazos para a realización de trámites electrónicos: os luns, martes, mércores e xoves, de 13:30 a 14:15 horas.

Poden obter máis información sobre a programación e funcionamento da Aula poderá facerse a través dos correos electrónicos [email protected] e [email protected].