O programa 'Comunico', que promove a Consellería de Benestar Social, aposta pola inclusión social real de persoas con diversidade sensorial.
Con este obxectivo vai organizar un curso de iniciación á lingua de signos.
Trátase dunha iniciativa gratuíta que se realizará en colaboración coa organización de diversidade sensorial GaliciaXoga.
O curso ten unha duración de 30 horas e desenvolverase en sete sesións durante os meses de outubro e novembro.
En concreto desenvolverase durante os sábados 4, 11, 18 e 25 de outubro e os días 8, 15 e 22 de novembro nun horario intensivo de 10.00 a 14.00 horas.
As prazas para participar son limitadas, con preferencia para as asociacións pero aberto a todos os veciños.
Por ese motivo é necesario inscribirse a través do correo electrónico [email protected] especificando o nome, DNI, teléfono de contacto e asociación de pertenza de ser o caso.
A asignación de prazas, avanza o Concello de Pontevedra, efectuarase por rigorosa orde de inscrición e será confirmada por teléfono ou correo electrónico.