Benito Corbal estará completamente reformada nun prazo de catro meses

Pontevedra
22 de outubro 2018

A empresa EC Casas será a que execute a reforma integral da rúa Benito Corbal, entre Sagasta e a Praza do Hospital. Terá catro meses para completala, segundo informou este luns o goberno municipal

Rúa Benito Corbal, Pontevedra
Rúa Benito Corbal, Pontevedra / Mónica Patxot

A empresa EC Casas será a que execute a reforma integral da rúa Benito Corbal, entre Sagasta e a Praza do Hospital. Terá catro meses para completala, segundo informou este luns o goberno municipal.

EC Casas foi a que presentou a mellor oferta entre as 22 empresas que se presentaron a esta licitación. Executará as obras por 147.582 euros.

Ademais da obra en si, a constructora comprométese a aportar á rúa catro farois novos, seis papeleiras, seis bancos e dez aparcabicis.

O proxecto de reforma de Benito Corbal prevé ampliar os espazos peatonais, mellorar a mobilidade e seguridade das persoas e garantir o tráfico de servizos.

Descartada a plataforma única, óptase por un deseño que inclúe a ampliación de beirarrúas, que pasarán de 3 a 4 metros de ancho, a supresión de prazas de aparcamento libres e a creación de prazas de servizos na marxe dereita da rúa.

OBRAS EN LÉREZ

A Xunta de Goberno tamén adxudicou a EC Casas o contrato para executar o saneamento no lugar de Ramallás, en Lérez. Trátase dun proxecto no que se investirán 72.484 euros, cun prazo de execución de tres meses. Ademais, ampliarase o asfaltado en 400 metros cadrados e repoñerase unha zona de beirarrúas.

COVSA, pola súa banda, será a empresa que constrúa pasos de peóns con semáforos na N-550 ao seu paso por Lérez. Neste caso, esta actuación custará 156.059 euros e terá que executarse en catro meses. Fomento, titular da vía, deu a súa autorización a este proxecto