Pontevedra non foi allea ás masivas mobilizacións que se rexistraron en toda España tras a captura por parte de Israel dos integrantes da flotilla de apoio a Gaza.
Miles de persoas apoiaron a protesta convocada na cidade e, tras concentrarse na Praza da Peregrina, foron en manifestación ata a Subdelegación do Goberno.
Os asistentes mostraron así o seu rexeitamento a que o exército israelita interceptara esta misión solidaria a menos de cen millas náuticas da costa de Gaza, en augas internacionais.
"Se tocan a flotilla, nos tocan a todas", "Non é unha guerra, é un xenocidio" ou "Israel asasina, Europa patrocina" foron algunhas das consignas que corearon os participantes.
Todos eles esixiron a posta en liberdade dos integrantes da flotilla, que se deteñan as "atrocidades" de Israel sobre Palestina, que os responsables destes crimes de guerra sexan xulgados ou que se abra de maneira inmediata un corredor humanitario ata Gaza.
Un dos impulsores desta mobilización, Miguel Cuña Novás, explicou que o sucedido nas últimas horas "é unha mostra máis do exterminio que está a facer Israel" en Palestina, algo que está a lograr, ao seu xuízo, co apoio de Estados Unidos.
Sostivo que a sociedade civil "ten que parar" e, entre todos, facer os esforzos posibles para que "se deteña esta locura", facendo o que a comunidade internacional non fai.
"Estamos a lograr que os gobernos non teñan outro remedio que reconsiderar o seu apoio a Israel e condenar este xenocidio", sentenciou.
Nesta manifestación participou tamén, entre outras persoas, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado de varios edís do seu grupo de goberno.

Manifestación en Pontevedra en apoio á flotilla de axuda a Gaza