Bueu activa un programa de apoio psicolóxico para menores

Bueu
24 de xullo 2020

Prestar apoio en situacións que entrañan algún conflito nos menores e nas súas familias. É o obxectivo do servizo de atención psicolóxica que acaba de activar o Concello de Bueu, a través do departamento de Benestar Social

Menores de idade nas rúas de Pontevedra
Menores de idade nas rúas de Pontevedra

Prestar apoio en situacións que entrañan algún conflito nos menores e nas súas familias. É o obxectivo do servizo de atención psicolóxica que acaba de activar o Concello de Bueu, a través do departamento de Benestar Social.

Este servizo estará dispoñible ata xuño do 2021 e está subvencionado por un programa impulsado pola Xunta de Galicia. Terá tres liñas de actuación.

Así, ofrecerá educación e apoio familiar e psicolóxico para as familias e os menores e un reforzo socioeducativo para os nenos, con accións encamiñadas a superar situacións detectadas neles tanto a nivel social como de aprendizaxe na escola.

Ademais, contará tamén cunha liña de orientación e formación académico-profesional, mediante accións que favorezan a empregabilidade e garantan a inclusión sociolaboral das persoas con baixa cualificación.

O goberno municipal apunta que os interesados en contar con este servizo poden pedilo a través do correo [email protected] ou do teléfono 886124816.