Bueu amplía os servizos no Camiño de Laxes, en Beluso

Bueu
27 de outubro 2017

O Concello de Bueu rematou esta semana a pavimentación do coñecido como Camiño de Laxes, na parroquia de Beluso, onde tamén se instalou un total de case 300 metros de saneamento e abastecemento

Obras no Camiño de Laxes, en Beluso
Obras no Camiño de Laxes, en Beluso / Concello de Bueu

O Concello de Bueu rematou esta semana a pavimentación do coñecido como Camiño de Laxes, na parroquia de Beluso, onde tamén se instalou un total de case 300 metros de saneamento e abastecemento.

Así o destacou o alcalde, Félix Juncal, quen apuntou que esta actuación "insírese no marco da nosa mellora do rural".

Así mesmo, en semanas anteriores tamén se ultimou o saneamento nos lugares do Beloso e Castrelo, na parroquia de Cela. 

Estas obras suporán un total de 1.000 metros de instalación de saneamento e 500 metros en abastecemento, uns traballos que se levarán a cabo noutras áreas do municipio que xa se están estudando por parte dos técnicos municipais.