Bueu apoia a declaración de todas as Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade

Bueu
05 de decembro 2017

O pleno da corporación aprobou este luns una moción de apoio á candidatura conxunta de todas as illas que compoñen o Parque Nacional das Illas atlánticas como Patrimonio da Humanidade e non só ás Illas Cíes. A moción presentouna o grupo municipal do PP e foi apoiada tamén polo grupo de goberno do BNG

Pleno da Corporación de Bueu
Pleno da Corporación de Bueu / Concello de Bueu

O pleno da corporación de Bueu aprobou este luns una moción de apoio á candidatura conxunta de todas as illas que compoñen o Parque Nacional das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade e non só ás Illas Cíes.

A moción presentouna o grupo municipal do PP e foi apoiada tamén polo grupo de goberno do BNG. Contou coa abstención da concelleira María José Pérez e dos voceiros do PSOE e ACB-SON.

O pleno tamén serviu para informar a toda a corporación da adhesión xeral do Concello de Bueu á contratación centralizada do Estado, mediante un convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Trátase dunha plataforma que permitirá contratar as obras, servizos e subministros que oferte de conformidade aos prezos que se fixen nos correspondentes contratos ou acordos marco que se subscriban entre dita central  e as empresas adxudicatarias dos mesmos. 

O Concello de Bueu explicou, a través dun comunicado, que esta plataforma axudará sobre todo en contratos complexos, de elevados importes, como é o caso do de enerxía, na que ofrecerán asistencia técnica e acordos marco para simplificar certos trámites administrativos e axilizar os procesos.

Tamén se deu conta do nomeamento da actual concelleira de Educación e Sanidade, María Teresa López González, como membro da Xunta de Goberno local e terceira tenente alcalde.