Bueu pavimenta o Camiño da Cereixeira

Bueu
20 de novembro 2018

Esta semana arrancaron as obras de pavimentación do Camiño da Cereixeira, no lugar de A Graña. A actuación conta cun orzamento de 17.091,93 euros e está sendo acometida por parte da empresa Vale con cargo aos remanentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Camiño da Cereixeira, no lugar da Graña
Camiño da Cereixeira, no lugar da Graña /

Esta semana arrancaron as obras de pavimentación do Camiño da Cereixeira, no lugar de A Graña. A actuación conta cun orzamento de 17.091,93 euros e está sendo acometida por parte da empresa Vale con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

Este vial é moi utilizado pola cidadanía e atopábase en moi mal estado de conservación. Os traballos inclúen o desbroce e retirada de vexetación, a pavimentación e a instalación de tapa e marco para arquetas existentes.

Así mesmo, con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2018-2019 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), remataron as obras de asfaltado no tramo de 250 metros entre Outeiro e As Tafonas. A empresa adxudicataria é Construcciones Fechi cun orzamento de 18.765,04 euros.

Por outra banda, actualmente tamén se están levando a cabo con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2016 as obras de asfaltado do camiño de baixada á praia de Area de Bon, en Beluso, e as de creación dun vestiario para homes, que complementará o de mulleres, na nave de deportes náuticos de Pescadoira.