Buscan un home que atracou unha muller cunha pistola de fogueo en Marín

Marín
03 de xaneiro 2025
Actualizado: 17:19

A Policía Nacional investiga os feitos, ocorridos o pasado luns. O sospeitoso perseguiu á súa vítima cando saíu do banco, asaltouna e sacoulle o bolso. Logo, botou a correr

Control da Policía Nacional e a Policía Local de Marín
Control da Policía Nacional e a Policía Local de Marín / Diego Torrado

A Policía Nacional investiga un atraco a punta de pistola rexistrado o pasado luns en Marín.

Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, a vítima acababa de saír do banco na rúa Jaime Janer cando ocorreron os feitos.

O sospeitoso perseguiuna sen que ela désese conta e, ao chegar á altura de O Inferniño, asaltouna a punta de pistola e sacoulle o bolso.

Nese momento, a vítima forcexeou para evitar o astalto e agarrou a man do seu asaltante con a que sostiña a pistola. Segundo indicou o Concello de Marín, todo apunta a que, co apertón, accionou o seguro e á arma caeulle o cargador.

O atacante botou a correr e a vítima quedou no lugar co cargador na man. A pistola resultou ser de fogueo e o cargador está xa en mans da Policía Nacional.

Os feitos chegaron primeiro a coñecemento da Policía Local de Marín, aínda que é a Policía Nacional a que agora investiga os feitos.

A Policía Nacional buscsa agora ao sospeitoso, que aínda está sen identificar.