Un can chamado Leo, cruzamento de Border Collie con Adegueiro, permanece desaparecido desde a tarde do sábado na zona da Seca, en Pontevedra.
O animal está identificado con microchip, segundo indica Julia, a súa propietaria.
Tras a desaparición, deron aviso á Policía Local e Protección Civil de Pontevedra.
Ademais están a realizar unha intensa procura por diversos puntos da cidade, incluíndo os barrios de Monteporreiro, Tafisa e o centro urbano.
A familia tamén iniciou unha campaña en redes sociais coa intención de que alguén ofreza información sobre Leo.
Tamén están a colocar carteis informativos nas zonas próximas ao lugar da perda para facilitar a súa localización.
Calquera persoa que poida achegar información sobre o paradoiro de Leo pode contactar cos seus propietarios a través dos teléfonos 678 866 728 ou 679 242 400.