Un amplo operativo de procura trata de localizar a un mariñeiro, veciño de Bueu, que caeu ao mar cando pescaba fronte á praia de Petís.
A voz de alerta dérona varias testemuñas que, desde terra, observaron como o pescador caía á auga cando trataba de arrincar o motor da súa dorna.
Estes particulares avisaron á central do 112 indicando tamén que a embarcación estaba a dar voltas sen ninguén a bordo.
Salvamento Marítimo informou que a alerta se activou ás 14.10 horas deste sábado.

Neste operativo participa o helicóptero "Pesca I" e a patrulleira "Mar de Galicia", o patrulleira "Río Lúa" da Garda Civil e a "Salvamar Mirach" de Salvamento Marítimo.
O Servizo de Gardacostas da Xunta tamén despregou na zona a un equipo de mergulladores.
O dispositivo de procura suspendeuse coa chegada da noite e prevese retomar mañá domingo.