Buscan tres encapuchados que asaltaron unha casa no Grove e deixaron ferida unha persoa

O Salnés
09 de abril 2025
Actualizado: 17:01

A Garda Civil mantén aberta unha investigación para localizar tres homes que entraron na vivienda con pistolas de fogueo e armas brancas. Había dúas persoas e encerelláronse nunha pelexa

Patrulla da Garda Civil do Grove
Patrulla da Garda Civil do Grove

A Garda Civil mantén aberta unha investigación para localizar tres homes que na noite deste martes asaltaron unha vivenda no Grove.

O tres entraron na vivenda encapuchados no que se considera un intento de roubo con violencia e intimidación.

Ían armados con pistolas que, en principio, todo apunta a que eran de fogueo. E tamén levaban armas brancas, segundo confirmaron fontes oficiais.

Ocorreu entre as 22.00 e as 22.30 horas deste martes. Este tres asaltantes entraron na vivenda cundo había dentro dúas persoas.

Unha vez no interior, iniciouse unha discusión e o tres encapuchados encerelláronse nunha pelexa cos dous habitantes da vivenda.

Como resultado dese enfrontamento, un dos moradores da vivenda resultou ferido con lesións que, en principio, son de carácter leve. En todo caso, tivo que ser derivado a un centro hospitalario para recibir atención médica.

Despois da agresión, o tres asaltantes abandonaron a casa, dándose á fuga nun coche, e as súas vítimas alertaron aos servizos de emerxencias.

A investigación asumiuna a Garda Civil, que confirma que, segundo as primeiras investigacións, os asaltantes non chegaron a roubar nada na vivenda.