Búscase empresa para construir novos aseos nos cemiterios de Bueu e Cela

Bueu
31 de maio 2017

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de presentación de ofertas para a obra de reparación dos cemiterios municipais de Bueu e Cela, que se fará con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2017 por un importe de 38.967,51 euros

Cemiterio
Cemiterio / ckmck

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de presentación de ofertas para a obra de reparación dos cemiterios municipais de Bueu e Cela, que se fará con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2017 por un importe de 38.967,51 euros.

O prazo está aberto ata o 7 de xuño e as empresas poden consultar toda a información na Plataforma de Contratación do Estado, con acceso dende a propia web municipal.

As obras que se van acometer en Cela son as de construción dunha edificación de planta baixa de 13 metros cadrados, onde se albergarán un aseo adaptado e un almacén.

En Bueu acometerase o cambio de cuberta, a mellora das instalacións e a adaptación dun dos aseos para persoas con mobilidade reducida e unha rampla de acceso aos aseos.

As empresas interesadas teñen a posibilidade de presentar oferta para os dous lotes conxuntamente ou para cada un deles por separado.