O CAAN (Centro de Recollida e Protección Animal) axudou a máis de 600 cans a atopar un novo fogar durante o ano 2024. Desde o inicio desta campaña en abril, 23 dos 51 concellos adheridos ao CAAN solicitaron este servizo.
Segundo o balance realizado desde a Deputación de Pontevedra, o centro provincial recolleu a un total de 1.264 animais, dos que preto de 750 puideron ser devoltos aos seus propietarios.
Das adopcións alcanzadas durante o pasado ano, a maioría foron en Galicia (507), mentres que 109 realizáronse en Castela e León (68), Asturias (15), Madrid (12), Castela A Mancha (6), Cataluña (3), Andalucía (2), Aragón (1), Pais Vasco (1) e Santa Cruz de Tenerife (1).
No que se refire a Galicia, 437 foron na provincia de Pontevedra, 33 en Lugo, 31 na Coruña e 6 en Ourense.
Neste sentido, en canto ás adopcións realizadas en Pontevedra, a maioría realizáronse no concello pontevedrés (72), seguido de Vigo (55), Cangas (36), Sanxenxo (24), Gondomar (23), Vilagarcía (17), O Grove (15), Marín (14), Barro (12), Redondela (12), Cambados (11), Poio (11), Meaño (10), Ribadumia (10), Lalín (9), Meis (9), Vilanova (9), Caldas de Reis (7), Ponteareas (7), Ponte Caldelas (6), Cerdedo-Cotobade (5), A Estrada (5), O Porriño (5), Portas (4), Vilaboa (4), Cuntis (3), Moaña (3), Mos (3), Salvaterra (3), Silleda (3), Tui (3), Bueu (2), Fornelos de Montes (2), Mondariz (2), Nigrán (2), Pazos de Borbén (2), Salceda de Caselas (2), Soutomaior (2), Tomiño (2) ou Valga (2).
Tamén houbo unha adopción na Cañiza, Crecente, Forcarei, A Guarda, A Lama, Mondariz Balneario, Moraña e Pontecesures.
En canto ás colonias felinas, sinalan que desde que se puxo en marcha o servizo de esterilización de gatos, xa se empregou en 603 animais de 17 concellos diferentes.
Na primeira fase, realizada o pasado mes de abril, foron esterilizados un total de 136 gatos dos concellos de Mos, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Silleda e Soutomaior, mentres que durante o mes de agosto, e ante a escaseza de medios dos concellos para recoller e trasladar aos animais, foi o propio centro o que se encargou da captura, esterilización e devolución dos animais.
Neste último caso, sometéronse ao proceso un total de 467 felinos dos concellos de Baiona, Catoira, Crecente, Mos, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova de Arousa.
Desde o CAAN fan un chamamento á adopción de animais e en contra do abandono.