Cae da moto en San Xoán, causándose feridas na cabeza, e dá positivo en alcoholemia

Poio
26 de outubro 2022

A Policía Local de Poio denunciou este mércores o condutor da motocicleta que circulaba pola avenida de San Xoán, PO-308, ao comprobar que conducía baixo a influencia do alcohol

A Policía Local de Poio co motorista
A Policía Local de Poio co motorista / Policía Local de Poio

Na quenda de mañá deste mércores 26, a Policía Local de Poio era requirida na PO-308, na avenida de San Xoán, debido a un accidente de circulación por unha caída de motocicleta.

Unha vez na zona, os axentes comprobaron que o condutor presentaba unha ferida na cabeza como consecuencia do golpe sufrido ao perder o control do vehículo e impactar contra o chan.

Tras someterlle á proba de alcoholemia, os axentes comproba que conducía baixo a influencia de alcol, ao ofrecer un resultado de 0,88 e 0,92 mlgr/l en aire expirado. 

Por este motivo, o home é investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. As dilixencias trasladáronse ao xulgado de garda para a celebración dun xuízo rápido.

O piloto foi trasladado a un centro hospitalario por unha ambulancia do 061 para ser atendido dos danos sufridos na cabeza.