Cae unha árbore sobre un vehículo aparcado nas Corvaceiras

Pontevedra
01 de xaneiro 2023

Segundo informa o Concello, a maior parte foron na mañá do sábado cando se rexistrou caída de tellas en Arturo Souto, e o esborralle dunha árbore en avenida de As Corvaceiras que causou danos nun vehículo que estaba estacionado no peirao  

Intervención dos bombeiros de Pontevedra por unha árbore caída nas Corvaceiras
Intervención dos bombeiros de Pontevedra por unha árbore caída nas Corvaceiras / PontevedraViva

O temporal de vento e choiva deixou un reguero de pequenas incidencias na cidade de Pontevedra. 

Segundo informa o Concello, a maior parte foron na mañá do sábado cando se rexistrou caída de tellas en Arturo Souto, e o esborralle dunha árbore en avenida de As Corvaceiras que causou danos nun vehículo que estaba estacionado no peirao.

O forte vento tamén desprazou contedores en distintas rúas como Loureiro Crespo, Gorgullón, Echegaray ou a avenida de Lugo, entre outras.