'Caixas da Ilusión' en Poio para apoiar ás familias con menos recursos

Poio
24 de novembro 2025

Moura Teatro e Batucada Os Queimatasas impulsan a recollida de alimentos e produtos de hixiene en locais colaboradores ata o luns 15 de decembro

Produtos da campaña Caixas de ilusión
Produtos da campaña Caixas de ilusión / Moura Teatro

Desde este luns 24 de novembro, Moura Teatro e Batucada Os Queimatasas desenvolven a campaña "Caixas da Ilusión" en Poio.

Trátase dunha iniciativa que anima á cidadanía a realizar doazóns de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene nos negocios participantes do municipio.

Cada achega será distribuída polos Servizos Sociais do Concello entre as familias que máis o precisan.

A proposta ten como obxectivo facer deste Nadal unha época máis esperanzadora e solidaria coas persoas que teñen máis dificultades económicas.

A organización convida a veciñanza, entidades e centros educativos a participar para que ningún fogar quede sen apoio nestas festas.

A campaña de recollida finaliza o luns 15 de decembro.