Caldas entregará outros 110 composteiros financiados polos fondos Next Generation

Umia
26 de setembro 2022

Baixo o lema "Tempo de reciclar, Caldas composta" o Concello de Caldas de Reis promoveu a compostaxe doméstica no mercado semanal dos luns, cun punto informativo e unha mostra dun dos 110 composteiros que serán entregados de balde, durante o mes de outubro ás persoas que o soliciten, que residan habitualmente en Caldas e que dispoñan na súa vivenda dun espazo verde

Punto informativo sobre a compostaxe
Punto informativo sobre a compostaxe / Concello de Caldas de Reis

Baixo o lema "Tempo de reciclar, Caldas composta" o Concello de Caldas de Reis promoveu a compostaxe doméstica no mercado semanal dos luns, cun punto informativo e unha mostra dun dos 110 composteiros que serán entregados de balde, durante o mes de outubro ás persoas que o soliciten, que residan habitualmente en Caldas e que dispoñan na súa vivenda dun espazo verde.

Nesta ocasión os composteiros están financiados polos fondos europeos Next Generation da Unión Europea, a través da Xunta de Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia del Gobierno de España.

As persoas interesadas en dispoñer dun destes composteiros debe chamar ao teléfono de avisos do Concello, 647 574 316, ou enviar un correo electrónico a [email protected]. indicando nome, apelidos e dirección, ou personarse no edificio do centro comarcal polas mañás.

A asignación farase por orde de entrada das solicitudes. As persoas que resulten beneficiarias serán contactadas para participar nunha xornada informativa na que se entregaran os composteiros e o Manual da Compostaxe editado polo Concello.

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel González, agradeceu a implicación das máis de 400 familias que xa están comprometidas coa compostaxe e coa mellora do medio ambiente en Caldas.