Caldas pon en marcha as obras para saneamento de Paraimas

Umia
11 de marzo 2022

A intervención ten un prazo de execución de tres meses e un orzamento de 196.000 euros financiado cos fondos do Plan Concellos da Deputación

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, comproba o inicio das obras de saneamento de Paraimas
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, comproba o inicio das obras de saneamento de Paraimas / Concello de Caldas de Reis

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, xunto cos concelleiros Manuel González e Jacobo Pérez visitaron hoxe o inicio das obras de instalación da rede de saneamento de augas residuais no lugar de Paraimas, que se conectará coa depuradora de Saiar

Estas obras teñen un orzamento de 196.000 euros e están subvencionadas polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras teñen un prazo de execución de tres meses e foron adxudicadas polo Concello á empresa Construcciones, Obras y Viales S. A. 

A nova rede proxectada é separativa de residuais e pluviais, e consta dun colector principal e cinco ramais que transcorren totalmente por viais públicos e dará servizo a un total de 43 habitantes.

O alcalde destacou "o esforzo do Concello para completar o saneamento en todo o municipio e agradeceu o continuo apoio financeiro da Deputación de Pontevedra para poder realizar estes investimentos. Vimos de finalizar a primeira fase do saneamento de Paradela cun orzamento de 288.000 euros e xa estamos iniciando este saneamento en Paraimas”.

Pola súa parte, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel González, destacou “o firme compromiso do equipo de goberno co medio ambiente e co saneamento e coa mellora da calidade de vida no rural" e anunciou que “próximamente contrataranse as obras de saneamento en Tivo cun orzamento de 336.400 euros, así como no lugar de Follente, na rúa Ovellas e no Camiño Real en Santa María, todas elas co apoio da Deputación de Pontevedra”.