Caldas pon en marcha unha campaña de eliminación de especies invasoras no curso do río Umia

Umia
23 de setembro 2020

A reunión entre o alcalde Juan Manuel Rey e o enxeñeiro agrónomo, Pedro Calaza, serviu para deseñar esta intervención e avanzar nos plans de restauración do xardín botánico e a limpeza da fachada da casa do concello

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, reúnese co enxeñeiro agrónomo Pedro Calaza para estudar unha intervención no río Umia
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, reúnese co enxeñeiro agrónomo Pedro Calaza para estudar unha intervención no río Umia / Concello de Caldas de Reis

O Concello de Caldas levará a cabo durante os meses de outubro e novembro un programa de eliminación da vexetación invasora do río Umia. A reunión mantida este mércores entre o alcalde Juan Manuel Rey e o doutor, enxeñeiro agrónomo e arquitecto da paisaxe, Pedro Calaza, serviu para avanzar nos diversos proxectos municipais relacionados co medio ambiente.

A intervención no curso fluvial está enmarcada nos programas de xestión e mantemento dos ríos e levará a cabo na época do ano menos prexudicial para a fauna destes ecosistemas. As actuaciones realizaranse baixo unha estrita planificación das erradicacións debido ás condicións particulares destas especies que fai necesaria unha xestión moi especial e adaptada a cada unha para evitar favorecer a súa dispersión.

A campaña empezará nos próximos días coa retirada dalgunhas plantas invasoras na ponte da Ferrería e na contorna do muíño entre outras zonas urbanas.

Doutra banda, aproveitaron o encontro para avanzar na posta en marcha do proxecto de restauración do xardín botánico de Caldas. Calaza e Rey visitaron a zona da Carballeira para coñecer de primeira man os diferentes problemas que afectan o conxunto así como as accións de mantemento ou conservación que hai que realizar.

Para o mes de novembro queda pendente o acondicionamento da fachada da casa do concello na zona bañada polas augas do río Umia. A intervención realizaraa unha empresa especializada que garantirá que non se produza ningún dano sobre as especies que habitan esta zona.