Caldas redobra a súa aposta polos hortos escolares no día mundial do Medio Ambiente

Umia
26 de xaneiro 2023

O Concello puxo en marcha esta actividade, pensada para o alumnado de Infantil e Primaria, hai quince anos co obxectivo de inculcar valores relacionados coa natureza, a alimentación saudable ou a agricultura ecolóxica

Hortos escolares de Caldas
Hortos escolares de Caldas / Concello de Caldas

Caldas de Reis celebra este xoves o Día Mundial de Educación Ambiental poñendo en valor os hortos escolares que se desenvolven no CEIP San Clemente de Cesar e no CPR A Encarnación

Este programa educativo impulsado desde hai quince anos polo Concello de Caldas e pensado para o alumnado de Primaria e Infantil, leva a cabo un día á semana en cada centro educativos e conta coa implicación activa do alumnado, o profesorado e do voluntariado da Asociación Asoprovida.

Os escolares participan en todo o proceso, desde a limpeza dos terreos e a compostaxe dos restos vexetais, ata a sementa, o cultivo, o coidado e a recolección de hortalizas e plantas.

Unha actividade que ten como obxectivo aprender a desenvolver habilidades e coñecementos ao redor da natureza, a alimentación saudable e a agricultura ecolóxica.