En máis de 3.700 parroquias de Galicia, nas que residen 1.468.332 persoas, poderase dende este venres saír á rúa para pasear sen franxa horaria.
Neste buscador podes consultar a que parroquias afecta a norma. Só tes que introducir o nome do teu Concello. CONSULTA AQUÍ.
Trátase de núcleos de poboación separados de menos de 5.000 veciños.
O Instituto Galego de Estatística indica que só hai 46 núcleos de máis de 5.000 habitantes e que están distribuídos en 44 concellos.
Convén lembrar que o feito de que non haxa restrición de horarios para estes núcleos de poboación non significa que non haxa que respectar outras regras. Cada adulto pode saír cun máximo de 3 menores e para practicar deporte hai que ir só.