Cales son os establecementos operativos en Poio? A web municipal ofrecerá unha listaxe

Poio
08 de abril 2020

Na listaxe figurarán as direccións e horarios de apertura dos establecementos que desempeñan actividades vencelladas á alimentación, ademais de quioscos e estancos, gasolineiras, supermercados, farmacias ou veterinarios e outros servizos de primeira necesidade

Poio elabora unha listaxe de locais de primeira necesidade
Poio elabora unha listaxe de locais de primeira necesidade

O Concello de Poio confecciona unha lista dos negocios e establecementos do municipio que se manteñen abertos durante a corentena. Trátase de locais que ofrecen servizos de primeira necesidade.

O departamento de Promoción Económica púxose en contacto cos responsables destas empresas para realizar a base de datos que será exposta na páxina web do Concello e nas redes sociais.

Está prevista tamén a elaboración dun mapa interactivo para coñecer o emprazamento de cada negocio, ademais das direccións e horarios de apertura dos establecementos que realizan actividades vinculadas ao sector alimentario, quioscos, estancos, gasolineiras, supermercados, farmacias, clínicas veterinarias e outros locais que ofrecen servizos necesarios para a cidadanía durante o confinamento.

Tamén se especificará que comercios locais ofrecen servizo a domicilio. A listaxe permanecerá aberta e poderanse ir sumando negocios ou prestacións. 

O Concello leva varios días repartindo máscaras e material de protección entre estes profesionais coa intención de reforzar as medidas de seguridade no seu traballo de atención ao público. Tamén se achegou material aos mariscadores á boia.

Esta medida tratábase na xunta de voceiros, que se celebraba este mércores. Durante este encontro que se realizou de maneira virtual, o Partido Popular a través de Ángel Moldes solicitou a creación dun servizo de axuda aos escolares para imprimir e repartir as tarefas do colexio e a continuación da actividade dos órganos municipais representativos coa celebración de sesións telemáticas.