Cambian a data da actuación da orquestra Panorama pola previsión de mal tempo

Ponte Caldelas
07 de abril 2016

A ameaza de chuvia podería empañar a multitudinaria actuación da famosa orquestra en Chan da Barcia polo que decidiuse de mutuo acordo pasala para a fin de semana seguinte

Gala contra o Cancro de Panorama 2015
Gala contra o Cancro de Panorama 2015 /

O Concello de Ponte Caldelas e os responsables da orquestra Panorama decidiron trasladar o espectáculo previsto para esta fin de semana para o domingo 17 de abril.

O cambio esta motivado nas malas previsións meteorolóxicas que falan dunha máis que probable presenza de choiva intensa que ameazaría o éxito da celebración deste evento durante o día 10, data inicial prevista para esta actuación como preámbulo do 50 aniversario da Festa da Troita.

O alcalde Andrés Díaz pediu disculpas a aquelas persoas que tiñan previsto achegarse esta fin de semana a Ponte Caldelas para presenciar este espectáculo.

O rexedor agradeceu a Lito, responsable de Panorama, "a súa comprensión e colaboración constante neste tema".