O Concello de Pontevedra chegou a un acordo coa concesionaria dos estacionamentos da Alameda e Praza de España, Telpark, para lanzar unha campaña de rebaixas en ambos aparcadoiros.
Os descontos estarán en vigor entre os días 7 e 26 de xaneiro, ambos inclusive, e permitirán estacionar nestas instalacións durante 12 horas por 2,99 euros en Alameda de Pontevedra e 3,49 euros en Praza España sen franxas horarias nin restrición de días.
Este importe supón unha diminución sobre o 45% respecto ao prezo habitual.
Os usuarios poderán beneficiarse da iniciativa mediante a compra de bonos Multipass de 5, 10 e 20 pases na app de Telpark.
Durante a compra, os multipass se asocian a unha matrícula. Nos aparcadoiros activarase o mecanismo de acceso e saída automáticas mediante lectura de matrícula, axilizando o proceso ao eliminar pasos como a recollida do ticket e o abono do custo á saída. Ademais, os usuarios terán flexibilidade para ir modificando a matrícula do vehículo asociado ao seu pase Multipass.

A concelleira de Promoción económica, Anabel Gulías, explica que o obxectivo desta colaboración é fomentar a economía e o comercio local facilitando o aparcamento de residentes e visitantes nas zonas máis céntricas.
A medida tamén busca reducir a contaminación producida ao buscar aparcamento, á vez que facilita unha alternativa de mobilidade flexible ás persoas que se trasladan ao centro urbano para traballar.
Telpark xestiona na cidade de Pontevedra un total de 690 prazas e a súa aplicación para a reserva e xestión de aparcamentos conta con máis de 5 millóns de usuarios, sendo a máis usada e descargada na Península Ibérica. En concreto, en Pontevedra, xa son case 7.300 os usuarios.