Campañó celebra os 300 anos da reconstrución da súa igrexa medieval

Pontevedra
06 de agosto 2024

A Asociación Cultural e Deportiva Campañó está a organizar un programa de actos con motivo do 300 aniversario da construción da igrexa de San Pedro. Será o próximo 25 de agosto ás doce da mañá e incluirá unha misa, un concerto e unha comida de confraternidade 

Igrexa de San Pedro de Campañó Estevo AEI

A Asociación Cultural e Deportiva Campañó está a organizar un programa de actos con motivo do 300 aniversario da construción da igrexa de San Pedro.

Será o próximo 25 de agosto. Ese domingo, ás doce da mañá, celebrarase unha misa neste templo e á unha da tarde haberá un concerto do cuarteto de cámara da Orquestra Sinfónica de Pontevedra.

A celebración complétase cunha comida de confraternidade na Casa da Cultura para todos os veciños e amigos da parroquia, cun prezo de 35 euros por persoa, 12 euros no caso dos nenos de ata 12 anos. O prazo para anotarse neste xantar remata o 15 de agosto.

A igrexa románica da parroquia de Campañó ten a súa orixe na Idade Media, no século XII, crese que foi construída sobre os restos dun antigo templo visigodo.

Co paso dos anos foise deteriorando e debido ao seu estado ruinoso, iniciouse a construción da actual capela maior a comezos do século XVIII en estilo barroco. 

A igrexa presenta unha planta rectangular cunha soa nave e unha ábsida semicircular. A súa fachada principal é neoclásica, adintelada e enmarcada por pilastras, está decorada сοn un arco de medio punto e unha porta de acceso. 

No seu interior, pódense apreciar elementos románicos como arcos de medio punto, capiteis decorados e unha pila bautismal. En su inventario destaca unha imaxe gótica da patroa de Pontevedra, a Virxe da O, do século XIV. 

Conta cun retablo barroco do século XVIII, dedicado а San Pedro, que está composto por varias escenas relixiosas e está considerado como unha obra de gran valor artístico.

A día de hoxe, aínda que a igrexa está en boas condicións os fregueses xa se fan á idea de que proximamente será necesario acometer algunha reforma na cuberta.